O Calvo Xiria recibe ao Rodosa Bm Chapela

1 minutes read

Segundo partido consecutivo para o Calvo Xiria como local. Desta volta visita Carballo o Rodosa Bm Chapela que ven de conseguir a súa primeira vitoria da tempada diante do poderoso Bm Ingenio. O cadro visitante nada ten que ver co equipo da primeira volta e os resultados dos partidos así o demostran. Quérense agarrar á categoría e cada punto é clave. Pola súa banda; o Calvo Xiria que tamén vén de gañar a un dos equipos fortes da liga; quere seguir mostrando a melloría no seu xogo; deron un salto cara adiante tanto en defensa como en ataque e xogar diante da súa afección sempre é un plus. Traballan para ser constantes durante os 60 minutos, que será unha das chaves do partido. Manterse fieis ao seu xogo e xogar concentrados o máximo tempo posible ante un rival que pelexará ata o asubío final. O partido disputarase o sábado ás 20:00 horas no Vila de Noia.