Este sábado 11 de outubro ás 20:00 horas, carballo será escenario dun choque de altura na 5ª xornada da Primeira Estatal entre o Calvo Xiria e o Valinox Novás.
O Vila de Noia vestirá as súas cores para apoiar ao equipo que busca seguir medrando na casa e consolidar a súa progresión no grupo. O Xiria chega con moita moral: nas primeiras xornadas amosou carácter, ganas de competir ata o final e victorias importantes que chegan agora cun peso extra para enfrontarse a rivais de nivel.
O Valinox Novás, pola súa banda, chega desde a División de Honra Plata, o que lle aporta experiencia neste tipo de competicións. O equipo visitante chega invicto e mostrándose capaz de poñer en apuros aos rivais máis fortes, mantendo unha defensa organizada e constante para superar adversidades.
Agárdase un partido intenso, con duelos tácticos e físicos, onde o Xiria deberá sacar partido ao factor cancha e á súa motivación interna. Unha cita para recuperar sensacións e demostrar que en Carballo non é fácil puntuar para ninguén.