Volve o Calvo Xiria este sábado ás 20:00 horas ao Vila de Noia; no que será o partido da xornada; xa que o Balonmano Ingenio visita Carballo. O conxunto das Palmas levouse a vitoria nas súas últimas dúas visitas. Polo tanto quere o Calvo Xiria cambiar o refacho ante un rival directo, nun partido emocionante e vibrante onde a afección deberá arroupar aos seus en cada momento.
A procura de opcións eficaces no lanzamento a través da amplitude no xogo, xunto ao balance defensivo serán unha das armas para explotar polos de Carballo.
O Calvo Xiria recibe na casa ao equipo canario Balonmano Ingenio
Imaxe do partido de ida Xiria-Ingenio.