O Calvo Xiria reencóntrase coa vitoria en Bueu

1 minutes read

O partido de ida resolveuse a favor do Xiria, que se impuxo pola mínima e nun final polémico xa que gañou cunha última acción baixo o apercibimento de pasivo e cun pase máis dos que permite o regulamento nestes casos. Este sábado case se repite a historia, nun partido moi igualado e onde ambos os conxuntos tiveron os seus momentos para decidir e poder levarse a vitoria. Ao final un axustado resultado de 29-30 nos últimos segundos decantou dous puntos máis para o Calvo Xiria, apoiado nas boas paradas de Antonio, nun tempo morto moi ben medido no último minuto polo míster carballés, na experiencia de Chimpo e a categoría de Pichel.