O Calvo Xiria regresa ao Vila de Noia para xogar contra o Magope Seis Do Nadal

1 minutes read

A cita será este sábado ás 20:00 horas. Á dificultade que require xogar sempre contra o equipo vigués, súmanselle múltiples ausencias por parte do Calvo Xiria. Álex Gómez, Aaron Rodríguez, Edu Cousillas son baixa por lesión; Carlos Varela é baixa por enfermidade, Carlos Martín Guisasola e o segundo adestrador Brais Puñal por Covid. E Diego Vega será dúbida ata última hora, xa que tampouco se está adestrando por enfermidade. Tampouco Adrián Dubra poderá contar cos xuvenís Martín Fuentes e Esteban Puñal, tamén lesionados. O club solicitou o aprazamento do partido; pero a federación española denegoullo.
Seis Do Nadal, é un equipo que xoga un ritmo máis pausado en ataque posicional, cun enfoque táctico e a pelexa pola permanencia convérteno nun rival perigoso. Pero o Calvo Xiria afronta como un gran reto este encontro; con orgullo e competitividade, unido máis que nunca ao apoio da afección; deberán ser un bloque e superar todas as adversidades para poder facerse cos dous puntos.