0
O Calvo Xiria puxo fin este sábado no Vila de Noia a unha tempada na que acadou 24 puntos e na que se sitúa na decimoterceira praza da clasificación xeral de Primeira Nacional. A categoría estaba garantida xa fai unha semanas, polo que o deste sábado era un partido de trámite no deportivo e de emocións ante a súa afección, por cuestións importantes como o mantemento da categoría ou a volta de Edu Cousillas, logo da súa lesión. Na primeira parte os de Adrián Dubra foron moi superiores, chegando a ter unha vantaxe no marcador de ata oito goles, pero o Bueu non tiraba a toalla e arrincou con forza na segunda metade para darlle a volta ao resultado e mantelo apretado ata o último suspiro, 30-30.