O Calvo Xiria retoma a competición ante o Luceros

1 minutes read

Regresa a competición e con ela, o Calvo Xiria recibe ao Automanía Luceros. A cita será este sábado ás 20:00 horas no pavillón Vila de Noia de Carballo. É o primeiro partido do ano e o penúltimo da primeira volta; polo que serán dous puntos importantes para ambos conxuntos; que aspiran a mellorar a clasificación actual e ser ambiciosos en cada un dos seus obxectivos particulares. O Calvo Xiria, vén traballando a bo ritmo e incrementou o persoal; coa incorporación de 5 xogadores xuvenís ao traballo diario do equipo. E é que de ritmo irá o partido desta fin de semana; o equipo que domine o ritmo de xogo, levará a iniciativa.
Álex Gómez é baixa segura debido a un choque durante o adestramento, e o resto de efectivos estarán dispoñibles para afrontar este inicio de ano.