O Calvo Xiria sumou un empate no Porriño (31-31)

O Calvo Xiria viaxou este sábado a Porriño para enfrontarse ao equipo local. Ambos equipos levan unha traxectoria moi dispar, e a situación de ambos non ten nada que ver coa da primeira volta, esta xordada, a 21ª, comezaba o último tercio da temporada, e os resultados xa son decisivos. Así, o Campicarn Martinpex Bm Porriño pelexa por escapar dos postos de descenso. No partido de ida a vitoria foi para os de Carballo por 42-37, nun partido máis igualado do que parece, onde a diferencia se consolidou nos últimos minutos. Neste partido cada equipo tivo os seus momentos, o Calvo Xiria foi quen de chegar con dominio de dous puntos ao descanso, 15-17. Seguía dominando tras a reanudación o equipo carballés, pero na recta final o Porriño marcaba de cerca o xogo do Xiria chegando a impoñerse no luminoso e todo por decidir cun tempo morto a 15 segundos do final. Saque do Xiria con gol de Chimpo que os colexiados invalidaron para rematar o encontro en táboas, 31-31.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha