O Calvo Xiria tenlle a medida tomada ao Chapela na súa casa

1 minutes read

O equipo carballés volveuno a facer nesta sétima xornada de Primeira Estatal de balonmán, conseguiu manexar o encontro xogado este sábado en Redondela contra o Rodosa Bm. Chapela, do mesmo xeito que fixera a tempada pasada no partido xogado no mes de marzo, e que por aquel entón o Calvo Xiria gañaba por seis goles, 19-25. A vitoria, primeira a domicilio esta tempada para o conxunto carballés que dirixe Adrián Dubra, esta vez foi máis contundente aínda, ao descanso fóronse cunha diferenza de 10 tantos, 9-19. Marcador moito máis avultado ao final do partido, cunha diferenza de 21 puntos, 17-38.