34
Partido importante o desta fin de semana para o Calvo Xiria balonmán; que se medirá ao Lirón S.D. Teucro; o sábado ás 20:00 horas no municipal dos Deportes, en Potevedra. O Calvo Xiria quere romper coa estatística e buscará un resultado positivo que se lle resiste. Para iso, o adestrador Adrián Dubra, remarcou as pautas que tratarán de seguir durante un encontro que será longo para ambos os equipos; xa que o Teucro, tamén está necesitado de puntos. Espéranos un partido de balonmán, no que seguro haberá emoción e sentimento.