Sar Plastic Omnium 32 – Calvo Xiria 33
Un partido moi igualado de principio a fin, disputado no pavillón La Bombonera (Redondela); onde o Calvo Xiria non se atopou cómodo en defensa pero que competiu de maneira brillante cando máis o necesitaba.
O marcador moveuse con pequenas vantaxes para un e outro equipo e Álex Gómez cun gol a falta de 4 segundos decantou do lado carballés.
Os primeiros minutos do partido a defensa do Calvo Xiria, estivo a gran altura, pero o balance defensivo local, freou os intentos por distanciarse e o Xiria tería que buscar a maneira de facer gol. Pero unha serie de imprecisións, fixeron dubidar da coordinación defensiva ao equipo e o bloque central non estaba cómodo sobre o 40×20. Andre De Moura atopábase como peixe na auga e daba vantaxe aos seus. Non daba coa tecla o Calvo Xiria pero está vez o ataque posicional mantiña a diferenzas en dous goles. 17 a 15, ao descanso.
Tras o paso por vestiarios; Sar estaba máis acertado cara gol (21-17); pero unha descalificación a Carlos Guisasola; fixo espertar ao Calvo Xiria que cun xogador menos; fixo a súa mellor defensa e recortaba distancias. Aaron Rodríguez recollía a testemuña no pivote e David García perforaba a portería local ata en 14 ocasións, o que obrigou ao adestrador local; a variar o sistema de defensa, constantemente. A falta de 14 minutos 27-27; e todo por decidir. Novo contratempo para o Calvo Xiria en forma de lesión; está vez Chimpo, cunha rotura de fibras; pero a rotacións non se verían afectabas xa que o grupo tiña claro o obxectivo e a maneira de xogar e competir neste choque.
A falta de 20 segundos o Calvo Xiria dispoñía da última posesión. Sar propuxo unha defensa mixta a David e a mobilidade dos xogadores do Calvo Xiria levaron a Álex Gómez a encarar en 1×1 e facer o último gol do partido a falta de 4 segundos. Sar sacaría de centro e tentábao a través de De Moura, pero o balón quedaría na blocaxe e o Calvo Xiria levaría os dous puntos.