O Calvo Xiria viaxa a Canarias para medirse ao Balonmán Ingenio

O Calvo Xiria recupera algúns efectivos para este desprazamento ás illas Canarias. O seu rival, o Balonmán Ingenio cun dos persoais máis completos da categoría poñerá en dificultades a un conxunto de Carballo que se prepara para afrontar este difícil compromiso. E é que o reto de gañar a un equipo da experiencia de Bm Ingenio é unha motivación máis ao traballo que vén realizando o equipo. A continuidade e a claridade de ideas no ataque posicional son importantes, para non conceder contraataques cómodos aos locais, que son o equipo que máis goles realiza da categoría. O Calvo Xiria terndrá que poñer o mono de traballo na faceta defensiva para frear ao conxunto local; polo que se espera un partido emocionante.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha