O Calvo Xiria viaxa a Canarias para medirse ao Gourmet Ampate Lanzarote

Imaxe do encontro entre ambos os equipos na tempada 2020.

O encontro terá lugar este sábado ás 20:00 horas. Un partido onde os detalles marcarán o porvir do Calvo Xiria, de novo
o balance defensivo xogará un papel importante, ante as rápidas transicións dos locais. O equipo vai axustando os sistemas e
mellorando a coordinación entre os seus xogadores, de forma significativa. E é que fará falta seguir evolucionando cada semana
para enfrontar a bos rivais como o é o Gourmet Ampate Lanzarote. O encontro poderá ser seguido en directo a través das redes sociais do club.