31
O Calvo Xiria quere sacar rédito deste difícil desprazamento e seguir coa liña ascendente da segunda volta. Un Bm Ingenio que aspira a meterse no trío de cabeza, espremerá ata a última bala para tentalo.
Por tanto; o cadro bergatiñán, sabe do pontencial do seu rival e buscará a maneira de conseguir os dous puntos.
As transicións en segunda onda e o ataque posicional cobran protagonismo, xa que o locais, posúen unha gran antropometría física, e séntense cómodos no corpo a corpo. Por iso a velocidade e mobilidade de balón do Calvo Xiria ten que ser unha das armas neste choque.