O equipo non viaxará só xa que desde Carballo marchará unha expedición de Xiareiros, en autobús, para animalo, dado que podería certificar a permanencia na categoría esta fin de semana. O conxunto local goza de xogadores con experiencia e calidade máis que contrastadas, desenvolven un gran xogo combinativo, destacando a relación co pivote. A pista de O Consello é das máis complexas da primeira estatal, pero o Calvo Xiria buscará a maneira de continuar coa liña ascendente das últimas semanas, onde a melloría do xogo do equipo en todas as súas fases lle levou a obter bos resultados. O partido xogarase este sábado ás 19:00 horas.