32
Desprazamento ata Tenerife para o Calvo Xiria que xogará o sábado ás 19:00 horas contra o Bm Tejina La Laguna. Os locais xa están asentados na categoría; coa permanencia no peto queren seguir afianzándose. O Calvo Xiria viaxa co propósito de lograr os dous puntos que lle permitan mirar cara aos equipos que agora mesmo marchan por diante. Claves, a velocidade e a toma de decisión no ataque posicional ante unha defensa física e tamén atopar situacións de gol, cómodas ao contraataque.