O Calvo Xiria viaxa ata Cangas para un novo duelo en Primeira Nacional


Segundo partido dun mes que ten que ser clave nas aspiracións á permanencia do conxunto de Carballo. Enfrontarase o domingo ás 13:00 horas, ao Automania Luceros. Mateo Pallas, ex-Xiria forma parte do persoal do Luceros. Un partido que promete ser de moito ritmo, xa que o rival aproveita para correr nas transicións defensa-ataque, polo que de novo, o balance defensivo será fundamental para ter en conta; así como o ataque posicional ten que buscar a maneira de evitar as disuasións do 6:0 local.