O Calvo Xiria visita a cancha do colider, o Disiclín Balonmán Lalín

dpm.

Este sábado ás 19:00 horas dispútase un dos clásicos da primeira nacional. O Lalín Arena acollerá o partido entre o Disiclín Balonmán Lalín e o Calvo Xiria. Dous clubs cunha filosofía similar; apostando pola canteira como sinal de identidade. O Calvo Xiria non o terá sinxelo, ante un Disiclín Lalín que marcha colider na clasificación con tan só unha derrota. Un dos aspectos que o Calvo Xiria debe ter en conta é non conceder balóns fáciles no ataque posicional que desencadeen en cómodos contraataques. Defensivamente tratará de cortar a relación que existe entre a primeira e a segunda liña dun conxunto local, que é o segundo máis realizador do grupo A. Por tanto, partido de altura para un Calvo Xiria que quere seguir na liña de melloría que vén pautando nas últimas semanas.