O Calvo Xiria visita ao Disiclín Balonmán Lalín, líder da categoría

1 minutes read
dpm.

Emocionante partido o que ten que afrontar o Calvo Xiria esta fin de semana. Xoga ás 19:00 contra o Disiclín Balonmán Lalín, no Lalín Arena. O rival é o lider da categoría, e a falta de 4 xornadas quere remarcar o seu status con permiso do Oar. Pero á marxe do que poida estar en xogo; un enfrontamento entre Lalín e Xiria sempre é do gusto do afeccionado. Dous equipos de canteira que buscan medrar no balonmán nacional.
Actualmente, o Disiclín Lalín conta con xogadores con gran experiencia e é un dos factores que lles permiten ter máis regularidade ao longo da campaña. Un equipo con xogo rápido e con especial atención nas transicións onde gañaron moito peso no seu xogo esta tempada.
O Calvo Xiria recupera efectivos para este encontro, quere xogar ben, competir durante os 60 minutos, e chegados ao final do partido con opcións de poder levar a vitoria, onde o acerto pode marcar quen leve os dous puntos.