O Calvo Xiria volve á senda da vitoria, fíxoo ante BM Porriño (42-37)

1 minutes read

O equipo carballés que adestra Adrián Dubra precisaba dunha vitoria para continuar crecendo e achegarse á parte alta da clasificación, máis se cabe, xogando na casa. Para iso era necesario continuar mellorando o traballo defensivo para manter a Porriño cun marcador baixo e manter a eficacia en ataque da súa primeira liña. A vitoria non foi fácil, pero a pesar das adversidades e o bo traballo do rival por momentos, o Calvo Xiria soubo dominar o encontro en todo momento, chegando con vantaxe ao ecuador da contenda 22-18.

Tras o paso por vestiarios o Calvo Xiria non lograba despegarse con claridade do seu rival e no ecuador do segundo tempo calquera cousa podía pasar, e pasou. O conxunto local soubo aproveitar unha superioridade numérica tras a expulsión dun xogador rival e sentenciou un encontro que non estaba nin moito menos claro (42-37) e que lle supón a súa terceira vitoria da tempada e a cuarta praza provisional na xeral con oito puntos.