35
A cita será este domingo 19 de decembro ás 12:30 horas no mítico pavillón da bombonera. O seu rival, Sar Plastic Omnium, está a realizar un gran traballo coa base e ademáis da súa filialidade co Cisne; é un dos máis novos da categoría. Bo xogo en ataque posicional; coidado coa relación 2×2 co pivote, e un dos porteiros máis destacados da categoría, son as principais armas do equipo.
O Calvo Xiria está moi concentrado para este partido e para iso, o aspecto defensivo é importante, o igual que imprimir un ritmo alto nas súas accións.
Todos os xogadores están dispoñibles; ninguén se quere perder a última cita do ano, o empeño de todos e o seu compromiso por adquirir dous puntos que os empuxarían cara arriba na táboa.