45
O Calvo Xiria tratará de superar ao conxunto local do Magope Seis Do Nadal. O conxunto olivico, ten baixas importantes respecto á tempada pasada; pero os reforzos tamén son notorios, e unha estrutura de xogo coñecida por os seus xogadores desde a base outorgan continuidade a un equipo que sempre ofrece garantías á hora de competir.
O Calvo Xiria, quere consolidar o bo xogo visto a semana pasada, nun choque que lle esixirá manexar os tempos do partido. O contraataque, a selección e o momento de lanzamento, claves para conseguir os dous puntos.
O técnico Adrián Dubra dispón de todo o persoal para a disputa deste partido.