O Calvo Xiria xoga este sábado na casa contra os canarios Km13 Gáldar

A cita será no Pavillón Vila de Noia ás 20:00 horas. Os visitantes son un equipo renovado con respecto á primeira
volta coas fichaxes de 3 primeiras liñas, entre os que se atopa Emiliano Villaverde, contrastado xogador arxentino de 31 anos que procede do SAG Lombas de Zamora, e que lle dá ao equipo un salto de calidade, así como ter mellor rotación. Isto fai que estean a competir cada partido de igual a igual a todos os rivais e en plena loita pola permanencia, o que lles converte nun rival para ter moi en conta.
O Calvo Xiria afronta unha semana máis; tratando de reducir diferenzas cos dous primeiros clasificados; quere seguir en liña ascendente e mellorar cada semana o xogo do equipo. Pensar unicamente en gozar xogando sobre o 40×20, tendo en conta a dificultade do partido e o esforzo para tratar de lograr a vitoria. O bloque defensivo e a efectividade nas transicións de novo xogan un papel importante no desenvolvemento do partido.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha