38
A cita será ás 18:30 horas. O Bm Chapela busca a primeira vitoria da tempada mentres o Calvo Xiria quere lograr a primeira a domicilio.
Os locais apostaron polos xogadores da casa e un dos plantéis máis novos da liga esta tempada; con algúns xogadores experimentados como o pivote Rubén Gómez. Aos poucos estanlles collendo o ritmo á competición, e buscan ser máis constantes no seu xogo.
Mentres o Calvo Xiria, quere refrendar as boas sensacións que transmite o equipo en cada adestramento; nun encontro que lle esixirá máxima concentración e intensidade; ante as variantes
defensivas do Chapela. A regularidade no ataque posicional é unha das materias pendentes e debe conseguir máis efectividade nas súas accións.
