O camariñán Diego Garrote, con ‘Ángeles Acusadores’, continúa coas presentacións literarias da Mostra do Encaixe

1 minutes read

Este venres comezaron as presentacións literarias da Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña. O autor camariñán Diego Garrote foi o protagonista da terceira xornada do evento coa súa obra ‘Ángeles acusadores’.

‘Ángeles acusadores’ é a primeira dunha serie de novelas negras ambientadas na Costa da Morte e protagonizadas pola detective privada Nahiara Bermolen. Neste caso, a investigadora investiga quen está detrás dunha nota de chantaxe que ameaza con publicar fotos e vídeos comprometidos dunha adolescente de dazaseis anos.

Diego Garrote, que vive no Muíño do Vento (Camariñas), moi pretiño do Museo do Encaixe, explica que o lector que se adentre na súa obra atopará “unha novela de investigación moi entretida e directa, que non se anda con rodeos” e destaca que “para min é unha honra poder presentala no meu pobo e que a xente estea interesada nela”.