A Carreira Popular do Apóstolo, que vai pola súa quinta edición, arrincou este sábado a partir das 17.50 horas no Campo de Vilaño, A Laracha. Os primeiros en lanzarse á competición foron as categorías escolares, empezando pola de benxamíns e alevíns ás 17.50 horas, sobre un percorrido de 1,1 quilómetros, á que lle seguieron infantís e cadetes ás 18.10 cunha distancia de 3,8 quilómetros e finalmente os máis pequenos, a categoría pitufo, que correron ás 18.45 unha distancia de 100 metros. Os xuvenís tiveron que percorrer 5 quilómetros mentres que os adultos 10, e ambas as categorías tomaron a súa saída ás 19 horas.
A Asociación Cultural Adro de Vilaño, organizadora da proba, informaba de 650 deportistas rexistrados entre os que destacaban como grandes favoritos Amadeo Abal e Amador Pena, aínda que tamén destacaban os nomes de Martín Regueira e Antón Ruanova. A eles tamén se sumaron corredores con diversidade funcional.
Os prognósticos non fallaron, e o cambadés Amadeo Abal Chaves, co dorsal 146, proclamouse vencedor absoluto na 10K da quinta edición da Carreira Popular de Vilaño cun tempo empregado de 33:07. En categoría feminina impúxose Branca Fernández Lago, a corredora do San Miguel de Marín co dorsal 130 empregou un tempo total de 42:01. O soneirán Martín Regueira Rellán, quedou terceiro, cun tempo de 34:55.
Clasificación: