O Camiño de Inverno contará a finais de ano cun novo albergue público


O Camiño de Inverno, declarado ruta oficial de peregrinación en 2016, destaca por pasar polas 4 provincias galegas e atravesar comarcas como Valdeorras, Ribeira Sacra ou Deza. No que vai de ano xa selaron a súa Compostela máis de 94.000 persoas, cunha media de máis de 1.400 ao día, tendo en conta que hai moitos máis peregrinos que fan o Camiño sen obter a credencial.

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, lembrou que o Camiño de Inverno terá a finais de ano un novo albergue, unha vez rematadas as obras de reforma da antiga residencia bispal de Diomondi de O Saviñao. O Goberno galego investiu máis de 1 millón de euros na rehabilitación integral deste edificio para contar cun inmoble de 34 prazas para a acollida dos peregrinos. Ademais, con esta obra recuperase un edificio medieval declarado Ben de Interese Cultural (BIC). A infraestrutura sumarase á rede pública de albergues que ao longo deste Xacobeo 21-22 pasará a sumar un total de 78.