O Camiño dos Faros forma parte da novela ‘Cuando aprendí a vivir’, presentada en Camariñas

1 minutes read

A alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, participou na presentación da novela ‘Cuando aprendí a vivir’, unha obra do escritor iniestense Pedro Martínez Ruíz publicada por Amat Editorial, e destacou a “relevancia do Camiño dos Faros como produto turístico para a nosa economía e para as nosas xentes”. O acto tivo lugar no Faro Vilán.

A rexedora explicou que “non me canso de repetir que hai un antes e un despois para Camariñas en particular e para a comarca da Costa da Morte en xeral desde que os coñecidos como trasnos, a asociación impulsora do itinerario, crearon esta ruta”. “Desde que este proxecto está en marcha triplicouse o número de visitantes que recibimos, e xa hai máis de 170 vivendas turísticas só en Camariñas”, destacou.

O autor confesa que “este libro es totalmente diferente a los anteriores, es una novela. En realidad, desde pequeño siempre me gustó escribir historias y en mi cabeza de pequeño escritor, y luego de adulto, siempre hubo la idea de crear historias, no solo escribir sobre desarrollo personal o ensayos. Por eso, este libro ha supuesto reconectar con mi niño interior, escribir con el alma. Esa fue mi motivación”.

‘Cuando aprendí a vivir’ narra a historia de Daniel, representante de artistas do panorama nacional e internacional, que sufre un ictus e, tras superar ese inesperado acontecemento, decide emprender unha viaxe polo Camiño dos Faros para atoparse consigo mesmo, recapacitar sobre a súa vida e propoñerse novos rumbos persoais e profesionais.