31
O parlamentario socialista Martín Seco presenta na Comisión de Industria, Comercio e Turismo do Parlamento, que se celebra hoxe mércores, unha proposición non de Lei coa que busca o consenso parlamentario para sentar a Xunta, Deputación, Concellos, á asociación turística CMAT e á Asociación Camiño dos Faros nunha “Mesa de Diálogo” para conseguir a homologación do Camiño dos Faros. Segundo afirman os socialistas, “logo da pasividade demostrada polo goberno galego á hora de iniciar o diálogo entre as partes”.