O campo de fútbol “A Porta Santa” de Paiosaco xa conta cun novo local

Nuevo local en el campo de fútbol A Porta Santa_Ayuntamiento de A Laracha

  • As actuacións superaron os 17.000 euros, financiados integramente polo Concello

Este venres o alcalde da Laracha, José Manuel López Varela, entregoulle ao presidente da Unión Deportiva Paiosaco, Carlos García, as chaves do novo local que o Concello vén de construír no campo municipal A Porta Santa. No acto tamén participaron o concelleiro Ramiro Bello, a secretaria do club Susana Regueira e o responsable da empresa que executou o proxecto.

As obras deron continuidade ao edificio de vestiarios xa existente, xerándose un novo local cuberto duns 30 metros cadrados que será empregado como sala de masaxes e fisioterapia. As actuacións superaron os 17.000 euros, financiados integramente polo Concello