O campo de fútbol de Malpica terá un novo alumeado

1 minutes read

A Deputación da Coruña e o Concello de Malpica investirán 109.309,72 euros nas obras de instalación dun novo sistema de alumeado no campo de fútbol de Pedra Queimada.

As obras, en fase de licitación ata o 16 de xuño, serán financiadas con cargo aos fondos adicionais do Plan Único (POS+2019) e suporán a instalación de catro torres de alumeado de 16 metros de altura sobre zapatas de formigón armado que garanten a máxima uniformidade de iluminación no terreo de xogo e o mínimo cegamento dos xogadores.

O alumeado será de tecnoloxía LED, con 60 proxectores de 220W (15 proxectores por torre), o que optimiza o consumo enerxético da instalación.

O novo sistema de alumeado permitirá un uso máis intensivo do campo, tanto para adestramentos como para partidos de fútbol, permitindo unha boa visibilidade incluso nas horas sen luz solar.