O campo de fútbol do Pinguel reabre cunha festa do deporte e a solidariedade

Cartel Pinguel_Cedida Concello de Ponteceso

  • O trío arbitral, as agrupacións musicais e varios establecementos comerciais colaboran desinteresadamente na celebración

O campo de fútbol do Pinguel reabre despois das obras de reforma realizadas nas que o concello de Ponteceso investiu máis de 400.000 euros. O acto de inauguración, previsto para este sábado 8 de febreiro, converterase nunha auténtica festa do deporte pero tamén da solidariedade.

A nivel deportivo, os asitentes disfrutarán dun partido único que enfrontará ás “Vellas glorias” do Puenteceso SD cos Veteranos do Deportivo da Coruña a partir das 12.00 horas, aínda que a festa prolongarase durante toda a mañá.

As entradas custarán 3€, que dirán destinados integramente á Asociación Española contra o Cancro. Cada espectador recibirá un pano especial como recordo deste histórico día e os xogadores do Puenteceso SD lucirán unha camiseta conmemorativa, deseñada especialmente para a ocasión, cun lazo de cor rosa no peito e o lema “Non te rindas” nas costas.

Ao tratarse dun acto solidario, o trío arbitral, as agrupacións musicais e varios establecementos comerciais colaboran desinteresadamente na celebración.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha