O Campo de Xaviña acollerá este domingo o Torneo de Fútbol da Mostra de Olería


Dende a Concellería de Turismo e Festexos e coa colaboración da Concellería de Deportes do Concello de Malpica seguen a apostar por fomentar o deporte, nesta liña e dentro da programación da Mostra da Olería de Buño animan a todos os amantes deste deporte a ir o Campo de Fútbol de Xaviña a gozar do Torneo de Fútbol da Mostra de Olería, este domingo 7 de agosto. O evento comezará ás 11.00 horas co encontro entre o UD Cerqueda- UD Xuvenil de Almeiras (fútbol feminino) e pola tarde a partir das 16.30 hora disputaranse tres partidos entre equipos locais. Ás 16.30 comezarán os encontros Buño SCD-Sporting Seaia CF, Buño SCD-UD Cerqueda e UD Cerqueda-Sporting Seaia CF.
O finalizar o evento entregaranse os trofeos elaborados polo oleiro Antonio Pereira, O Rulo.