Así o confirmou o Bergantiños na súa conta de Twitter que ten ata o vindeiro luns para buscar un novo emprazamento. O partido entre o Bergantiños e o Sevilla será televisado e As Eiroas non cumpre os requisitos para poder retransmitilo, segundo a Real Federación Española de Fútbol.
No comunicado que realizou o Bergantiños a través dos seus perfís de redes sociais sinalaron que o club “lamenta a decisión” e que están convencidos de que coas obras e melloras realizadas o campo é perfectamente apto para acoller a eliminatoria polo que remitirán á RFEF unha petición para que lles explique en que puntos en concreto non consideran apto As Eiroas para que se xogue o partido contra o Sevilla”.
Barállase a posibilidade de que o encontro teña lugar no estadio de Riazor o vindeiro mércores 18 de decembro a partir das 18.00 horas, xa que é un estadio que cumpre cos requisitos da federación na mesma provincia que o de As Eiroas.
En principio, ao Bergantiños non lle convence a opción de que o partido se dispute no Vero Boquete de San Lázaro, pero ainda así, podería acabar sendo o estadio elixido.