O candidato do BNG de Vigo afirma que ‘as eleccións do 28M están moito máis abertas do que parece’

1 minutes read

O Bloque Nacionalista Galego realizou en Coia un encontro de interventores/as e apoderados/as como parte dos traballos preparatorios de cara ás eleccións municipais do vindeiro 28 de maio. Nel, o actual portavoz municipal e candidato do BNG á alcaldía de Vigo, Xabier P. Igrexas, animou á base da fronte nacionalista a realizar unha campaña “tan intensa como positiva, centrada en dar a coñecer a nosa alternativa para impulsar de novo a maior cidade de Galiza, barrio a barrio, parroquia a parroquia, falando con todas e con todos”. “O ruído, o pimpampum e as mensaxes ocas deixámosllas a outros e outras”, ironizou. Igrexas amosouse convencido de que “o escenario electoral está moito máis aberto do que parece e o BNG imos ser a grande sorpresa en Vigo”, sabendo que a 24 días dos comicios inda hai moitas persoas indecisas e que “a onda de simpatía cara ao BNG na cidade non deixa de medrar”.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?