O Deportivo logrou avanzar aos oitavos de final da Copa do Rey nun final heroico que levou a firma de Noé Carrillo. O canteirán foi o causante da primeira «gran noite» de Antonio Hidalgo á fronte do Deportivo. Así o recoñeceu o técnico catalán en rolda de prensa, quen encomiou a actitude dun Riazor que «cando empuxa é moi difícil que escapen cousas». O catalán enxalzou o traballo de Abegondo, a segunda parte do equipo e a solidez que volveu mostrar o bloque tras o último dobre tropezo na casa. Noé Carrillo,que acababa de entrar no terreo de xogo sustituíndo a Diego Villares, aproveitaríase dun novo rexeite do pau a unha cachoalada de Nsogo, para conseguir o gol que daría a clasificación ó Depor para os oitavos de final da Copa do Rei.
12