O capitán do Prestige non irá ao cárcere

O capitán do petroleiro Prestige, Apostolos Mangouras, non terá que volver ao cárcere. A Audiencia Provincial da Coruña declarou a remisión da pena. Fora condenado polo Tribunal Supremo no 2016 a dous anos de prisión por un delito contra o medioambiente pola desobediencia ás autoridades marítimas españolas durante o rescate do buque. Xa entón os avogados de Mangouras pediran a suspensión da pena pola súa avanzada idade, ten na actualidade 85 anos, e polo seu estado de saúde.

A Audiencia provincial decretara a suspensión da pena durante tres anos a condición de que non volvera delinquir. Cumprido o prazo e as condicións que se lle impuxeron, a suspensión pasa a ser permanente. Se non se presenta un recurso de súplica en tres días a decisión será firme.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha