Este venres, 2 de abril, sae á venda, “O Carallo”, o novo single dos galegos Dj Frisco e Marcos Peón. O sadense Frisco e o lucense Peón «volven á carga» con sons house frescos e bailables e con moito ritmo, coa mirada posta para esta primavera – verán.
Pal carallo» nace coa idea de «acabar» e mandar «O Carallo» estes malos momentos de pandemia que estamos a vivir e que serviu de fonte de inspiración para os produtores galegos. O lanzamento ademais inclúe «O Carallo», unha pequena homenaxe á súa terra cun especial Galicia Edit.
O Carallo!!. Versión en galego de « Pal Carajo». Últipa produción musical de Dj Frisco & Marcos Peón. O single sae á venda por PPMusic, unha das discográficas de música House máis importante de Latinoamérica, propiedade do dj uruguaio Dj PP, toda unha eminencia dos sons electrónicos no continente americano. Grazas a esto, Dj Frisco e Marcos Peón pretenden seguir «crecendo» no mercado latinoamericano e seguir expandindo os seus sons máis aló das nosas fronteiras.
Nas súas últimas producións, Frisco e Marcos, lograron situarse dentro do “circuíto” House mundial e as súas cancións foron incluídas en Charts e Listas de éxitos de países como Estados Unidos, España, México, Colombia, Reino Unido, Italia, Alemaña, Francia ou Canadá.
Doutra banda, Dj Frisco & Marcos Peón, seguen traballando duro nos proxectos que teñen para 2021-2022, con novos singles e remezlcas, e na súa festa «Star People» xunto ao radio deejay máis coñecido do noso país, Fernandisco.

