O carballés Carlos Manuel Escribano Subías, novo arcebispo de Zaragoza


Carlos Manuel naceu en Carballo, porque o seu pai estaba destinado aquí como químico na mina de Mins. Pouco despois de nacer, a súa familia trasladouse a vivir a Monzón, provincia de Huesca, onde pasou a súa infancia. Estudou Ciencias Empresariais na Universidade de Zaragoza. Máis adiante, entrou no Seminario Maior de Lérida. Estudou Teoloxía na Universidade de Navarra en Pamplona e foi enviado a Roma para completar os seus estudos onde obtivo a licenciatura en Teoloxía Moral pola Universidade Pontificia Gregoriana. Foi ordenado sacerdote o 14 de xullo de 1996, quedando incardinado na Arquidiocese de Zaragoza, de onde o papa Francisco o designou arcebispo este martes. Escribano tamén é conselleiro nacional de Manos Unidas.