O carballés Iván Calvo, partícipe do ascenso do Cisne a Asobal co rei emérito na bancada

Cedida.

O Cisne de Pontevedra regresa á liga Asobal, faio ao grande, tras vencer ao Barça B (36-29) nun partido que contou coa presenza de Juan Carlos I, que acudiu ao pavillón de Pontevedra para ver ao seu neto Pablo Urdangarin, xogador do filial azulgrana.

Apoiado nas paradas do brasileiro Roney Franzini, na efectividade dos extremos Arias e Carlos Álvarez e no seu potente primeira liña –Preciado, Chan e Mendes– o equipo pontevedrés rompeu o choque nos últimos minutos da primeira parte cun parcial 10-4. A partir de aí, o Cisne soubo xestionar a súa renda para asegurarse un triunfo que lle permite volver á elite do balonmán español un ano despois de perder a categoría.

Partícipe do bo xogo do equipo pontevedrés fíxose o pivote defensivo carballés Iván Calvo, quen aos seus 24 anos leva xa unha impresionante traxectoria no mundo do balonmán. Partindo do Xiria BM do ano 2014 ao 2016, aí foi cando se incorporou ao UB Lavadores por tres tempadas, as mesmas que leva no Club Cisne e que agora lle devolve á categoría Asobal.

O xogador carballés, Ivan Calvo, co dorsal 15 en pista, baixo a atenta mirada de Juan Carlos I sobre o seu neto Urdangarín.
BM Cisne 21-22.