Esta fin de semana disputouse a 6° Proba da IV Edición do prestixioso torneo de golf Cadea Cope no RAC de Vigo. O xogador carballés Mario Díaz López conseguiu quedar en Primeiro posto na Categoría Sub 16 e 4° na clasificación hándicap absoluta dun total de 168 xogadores de toda Galicia que supuxo un novo récord de participación. Ademais rebaixou unha vez máis a súa hándicap e supúxolle a súa clasificación directa para a final no RAC de Santiago onde xogará, do mesmo xeito que o ano pasado, con xogadores profesionais.