O xogador de golf carballés Mario Díaz López proclamouse subcampión na categoría Boy do Campionato Galego Match Play. Corenta dos mellores xogadores da comunidade concursaron nesta cita no campo de golf de Meis. Celebrouse este pasado sábado baixo a modalidade de Match Play e consistiu en tres roldas (cuartos de final, e semifinais pola mañá e pola tarde a final) a 6, 9 e 18 foxos respectivamente.