O secretario local e voceiro da formación municipalista Xuntos Carballo por un mundo máis xusto, Xesús Deus Gende foi nomeado voceiro autonómico da coordinadora Galega de M+J Galicia. No máximo órgano galego está tamén como signataria a madrileña afincada en Carballo Nieves Sánchez, inxenieira agrónoma de profesión e asimesmo responsable de medio rural e ambiente da formación carballesa. A coordinadora é Noelia Alonso Domínguez de Vilagarcía de Arousa, nada en Ourense.
O partido político por un mundo más justo de implantación nacional leva 18 anos loitando contra a pobreza, a exclusión social na defensa dos máis desfavorecidos, ao carón dos autónomos, dos comerciantes, das pequenas e medianas empresas e inmerso sempre en diversas causas sociais.
«Estou moi agradecido a todos/as os compañeiros/as que tiveron a ben depositar a súa confianza en min para ser a imaxe galega dunha opción política de carácter humanista, nun mundo cheo de desigualdades. Parece que os valores quedan nun segundo plano cando se trata de poder e cartos. Nos somos unha opción política aberta a toda a cidadanía,onde as bandeiras ou o continuo enfrontamento entre distintas forzas politicas está fora da nosa maneira de entender o mundo no que vivimos. A dor en calquera lugar do planeta e o mesmo, por iso nos consideramos internacionalistas, onde o ben común , a solidariedade e os dereitos humanos sexan respectados independentemente da orixe, a cor de pel, a orientación sexual, a relixión ou a fala en que te espreses. Entendemos que o diálogo e fundamental porque detrás de calquera sigla están uns e unhas votantes que teñen que ser escoitados,sempre e cando ninguén semente odio, xenofobia , homofobia ou calquera tipo de discriminación, intolerancia ou menosprezo por alguén ou por algo. Os nosos valores rigor, respecto e fraternidade son a nosa identidade,e polo tanto vimos para escoitar, aportar, chegar a acordos dende o consenso e non dende o enfrontamento, máis esta opción política vai loitar contra as inxustizas ou todo aquelo que consideremos que vaia contra a cidadanía ou os seus dereitos. Sintome moi orgulloso do cargo que se me encomendou, e de levar o nome de Carballo alá por onde vaia, así coma que a sede de M+J Galicia estea na nosa vila». Sinala o xá voceiro autonómico Xesús Deus Gende.