O Carballo Coworking difunde a cultura emprendedora pola Costa da Morte

Coworking Carballo

Persoal técnico do Carballo Coworking vén de iniciar un percorrido pola Costa da Morte para visitar, un a un, os 16 concellos que a conforman, ademais doutros municipios próximos como Arteixo, Cerceda ou Santa Comba. Para falar sobre os servizos e as vantaxes que este espazo compartido ofrece a persoas emprendedoras e/ou empresas de nova creación leváronse a cabo encontros con técnicos/as de emprego e responsables municipais dos servizos de Orientación Laboral, Promoción do Emprego ou Emprendemento, aos que tamén se lles facilitou diverso material informativo para a súa difusión entre a veciñanza. Así mesmo, mantivéronse reunións coas principais asociacións de empresarios da contorna e outras entidades como o GALP Costa da Morte, o Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Costa da Morte e a Asociación de Desenvolvemento de Bergantiños.

A campaña de promoción e divulgación continuará durante todo mes de maio, aínda que agora serán os centros de educación secundaria da Costa da Morte e os obradoiros municipais de emprego os destinatarios dun ciclo de charlas informativas dirixidas a captar talento entre o alumnado e promover o autoemprego e o emprendemento, aproveitando os recursos tecnolóxicos e todos os beneficios deste espazo colaborativo situado no Fórum Carballo.

Actualmente o coworking está en pleno proceso de admisión de solicitudes. As persoas interesadas en formar parte deste espazo, como emprendedores/as ou novas empresas, poden solicitar máis información achegándose de luns e venres, en horario de 09.30 a 15.00 horas, á sede do coworking ( 2º andar da nave 1 do Fórum Carballo), chamando ao teléfono 881 983 520 ou visitando a web www.coworkingcarballo.gal.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha