O Carballo Interplay pechou a súa novena edición con ‘Querida Conchi’ e ‘Amnesia 3.0’ como triunfadoras

1 minutes read

A edición post pandemia do Carballo Interplay baixou o pano da súa novena edición este sábado, e o xurado composto por Marta Salicrú, Betu Martínez, Víctor Sala, Lucía Estévez e Ángela Andrada, outorgou o premio á mellor serie estatal a “Querida Conchi”, dotado con 800 euros e trofeo; e a “ Lordson and Jesus” o de mellor guión, con 200 euros e trofeo. O premio á mellor serie en versión orixinal en galego foi para “Amnesia 3.0”, ao que lle corresponderon tamén 800 euros. Pola súa banda, o premio para a mellor dirección, dotado con 200 euros e trofeo, foi para a comedia canadense “The Communist’s daughter”. O premio de 400 euros do público recaeu na francesa “Resistance”, o mesmo importe que se levou “Dhanasri, Julies e as pantasmas”, valorada polo xurado mozo.

Premiados Carballo Interplay 2022.