No corazón agreste da Terra de Soneira, na Costa da Morte, álzase unha das fortalezas medievais mellor conservadas de Galicia. O castelo de Vimianzo foi o solar dun das liñaxes nobres máis bravos, aguerridos e pendencieros da historia de Galicia. E iso non é pouco dicir, pois Galicia foi berce, alá polos séculos baixomedievais, de nobres rapaces e violentos, señores de soga e coitelo que non paraban amentes no que non fose o seu propio beneficio.
Desde Vimianzo, os Moscoso fixeron e desfixeron ao seu antollo e impuxeron a súa vontade mesmo aos poderosos arcebispos de Santiago. Un deles, Alonso de Fonseca II, recentemente chegado á súa sede, ousou enfrontarlles. E pagou duramente en propias carnes a súa temeridade. Aínda non coñeces esta asombrosa historia? Pois déixame que che conte…
Nhdiario.es agradece a colaboración de Fran Zabaleta e Pío García.