- A vindeira cita será o sábado 30, ás 17:00 horas, ca ‘Panillada’ e a Asociación de Palilleiras ‘As Nemanquiñas’.
- Este domingo haberá unha nova visita teatralizada á fortaleza soneirá.
Este sábado as instalacións do Castelo de Vimianzo acolleron, desde as 11:00 horas, o obradoiro ‘Sopla o vidro’, enmarcado na programación de Artesanía en Vivo que desenvolve o Concello durante o verán. Foi impartido pola artesá Esther Ferreiro, quen ensinou ao público a facer contas de vidro con soplete.
A edila de Cultura e Turismo, Rosa Blanco, destacou que “este tipo de actividades son beneficiosas para manter vivo o Castelo pero tamén para seguir apostando por unha programación cultural e de ocio diferente na localidade”.
A seguinte e última cita do mes de xullo está programada para o sábado 30, ás 17:00 horas. En ‘Panillada’, os participantes aprenderán a repenicar grazas á Asociación de Palilleiras ‘As Nemanquiñas’. As inscricións poden formalizarse a través da web municipal (vimianzo.gal/turismo).
Visitas teatralizadas
Este domingo celebrarase unha nova visita teatralizada á fortaleza soneirá cos Quinquilláns. Haberá dous pases: ás 12:30 horas e ás 17:00 horas.