O Castelo de Vimianzo acolleu un novo obradoiro de artesanía en vivo

Cedida.

O Castelo de Vimianzo acolleu este sábado un novo obradoiro dentro da programación de Artesanía en Vivo que desenvolve o Concello durante o verán. Nesta ocasión foi a Asociación Arte en Palla de Baíñas quen impartiu unha actividade onde o público, entre outras cousas, aprendeu a trenzar pulseiras.

Desde o goberno local móstranse moi contentos coa boa acolida que están tendo todas as propostas desenvoltas na fortaleza soneirá e convidan á veciñanza e turistas a que se pasen polo Castelo porque “é un dos mellores lugares para desfrutar e aprender sobre a nosa cultura e a nosa historia”.

 A seguinte cita terá lugar o sábado 20 e correrá a cargo do Obradoiro Lista, que impartirá o taller ‘Modela co barro’. Será ás 11:00 horas. As inscricións poden formalizarse a través da web municipal (vimianzo.gal/turismo).