O Castelo de Vimianzo acolleu un novo obradoiro de artesanía en vivo

Cedida.

O obradoiro ‘Panillada’ impartido pola Asociación de Palilleiras ‘As Nemanquiñas’, foi unha actividade enmarcada na programación de Artesanía en Vivo que desenvolve o Concello durante este verán, as persoas asistentes puideron aprender a arte de repenicar os palillos. A próxima cita será  o sábado 6 de agosto, ás 11:00 horas, co obradoiro ‘Tecendo o liño’ da Asociación de Veciños ‘O Santiaguiño de Carreira’. As inscricións poden formalizarse a través da web municipal (vimianzo.gal/turismo). Desde o goberno local amósanse moi satisfeitos coa boa acollida que tiveron todos os talleres desenvoltos durante o mes de xullo.