O Castelo de Vimianzo acolleu un obradoiro de artesanía co encaixe como protagonista

1 minutes read

As instalacións do Castelo de Vimianzo albergaron o obradoiro ‘Encaixe’, da asociación de palilleiras As Nemanquiñas, dentro da programación Artesanía en Vivo organizada polo Concello.

Desde o goberno local móstranse “tremendamente satisfeitos” coa boa acollida deste tipo de actividades que “só demostran que as propostas relacionadas coa nosa tradición e cultura seguen a ser moi demandadas por moitos veciños e veciñas da localidade e comarca”.  

Desenvolveuse o obradoiro ‘Encadernación’ da asociación ASPADEX. Esta proposta, na que as persoas participantes aprenderán a encadernar e coser con coiro, estaba programada para o 27 de agosto pero tivera que ser adiada por motivos da entidade.

Acto seguido no patio do Castelo tivo lugar o ‘Desfile do liño’, da man da asociación Amigos do Liño de Galicia, presentada polo modelo Damián Álvarez.

Visitas teatralizadas

Tamén estaba previsto que este domingo se desenvolvera unha visita teatralizada ao Castelo cos Quinquilláns en dous pases: ás 12:30 horas e ás 17:00 horas, pero a choiva obrigouna a aprazar. No seu lugar ofrecéronse visitas guiadas.